Revista “Ollos de aula” nº 16, outubro 2014

Chegou un novo curso e con el o outono, e co outono un novo número de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado.

Nesta  entrega, Mª Montserrat Carrasco Rodríguez, profesora de CC.EE. da UDC, aborda a creación dos hábitos de traballo nos nenos/as, mentres que o inspector Fernando Carrasco Mera analiza os cambios inminentes que introduce a LOMCE. Pola súa banda, a psicopedagoga Lines Salgado presenta a aprendizaxe por proxectos, unha metodoloxía moi interesante para introducir nas aulas. E, por suposto, non faltan á cita as atractivas propostas lectoras que nos fai Gracia Santórum nas súas “Cadencias”.

Ollos_de_aula._Nº_16.pdf

Non hai comentarios