Archives bySoftware Libre

Nova Ubuntu Lucid Lynx 10.04

Desde a Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ofrécennos a “Guía para comezar con Ubuntu 10.04″ e que está redactada en lingua galega. Comezar con Ubuntu 10.04 é unha guía para principiantes do sistema operativo Ubuntu que consta de máis de 160 páxinas e que se creou de forma colaborativa. Está escrita cunha licenza de código aberto, libre para a súa descarga, lectura e modificación.  Estará dispoñible nos vindeiros días.

Aproveito para facer unha chamada ás persoas comprometidas coa defensa das linguas  minoritarias para que aposten polo Software Libre e ao menos sexan conscientes da contradición que supón usar software privativo tal como Windows (que traduce a linguas minoritarias  tarde, mal e arrastro, só cando ve algún tipo de ganancia económica no asunto), e que por outra parte representa o modelo económico das grandes multinacionais. A lingua galega non tivo só un espazo no pasado, loitamos para que o siga tendo no presente e tamén no futuro. E ter un espazo no futuro implica ademais consolidar un espazo propio no mundo das TIC. Neste ámbito as nosas decisións son importantes, pois sería unha pena  que a enerxía que investimos por un lado se escape por outros. O movemento do Software Libre promociona e apoia ás minorías sociais que defenden os seus rasgos de identidade.

Para saber máis sobre o tema ver o seguinte enlace.

Non hai comentarios