Sen clasificar

Anotacións arquivadas nesta categoría

CELEBRAMOS O MAGOSTO?

Publicado por ruagalego o 12 nov 2009 | Etiquetado como : Sen clasificar

Poderemos celebrar mañá o magosto no cole?

Levamos uns días traballando sobre o outono, o magosto e as castañas.  Recollemos refráns, cantigas, receitas…. ata preparamos uns cestos para recoller as castañas e non queimarnos na festa do magosto.

Pero, cando poderemos celebrar esa festa? Precisamos repoñer forzas, e nada mellor que comendo unhas boas castañas asadas.

Polo San Martiño, trompos ó camiño

Publicado por ruagalego o 10 nov 2009 | Etiquetado como : Sen clasificar



Manifesto Día do Peón 2009,

TIRA POLA PIOLA

Traballar todo o ano cansa, traballar un día e mais outro na mesma cousa é aborrecido. Así e todo hai días nos que o traballador ten o corpo golfo e quere brincar, eses días fabrica cousas para a alegría. Estes días pasados os ferreiros que fan ferramentas e os carpinteiros que amoblan as casas deixaron estar os traballos e armaron animaliños de madeira con punta de ferro. Son bichiños viradores.


Baila, bailarín, baila,
Danza, salta, o meu peón,
Brinca a miña buxaina
O meu trompo toleirón


O peón é barrigón e polo pé moi agudo, é un bicho que quere brincar e que naceu aprendido, xa sabe bailar. Nada máis falta que ti aprendas primeiro, a buxaina vai agardar que alguén che ensine primeiro a que a envolvas coa túa piola, a modiño, con xeito, unha volta e mais outra. Á que está envolta hai que sacar a lingua polo canto da boca e logo, atención, aí vai o peón!


Elvira, tira,
Manuel, dalle á piola.
Son o teu trompo,
Lánzame que non rompo.

Suso de Toro, 2009

Refraneiro

Publicado por ruagalego o 25 ago 2009 | Etiquetado como : Sen clasificar

A chuvia en agosto, non é chuvia, que é mel e mosto

En xullo arder, as patacas coller

Xogamos con Fervello

Publicado por ruagalego o 30 xun 2009 | Etiquetado como : Sen clasificar

Presentamos un novo recurso publicado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, dirixido aos nenos e nenas de educación infantil, de 3 a 5 anos.

Trátase dun conxunto de 11 xogos estruturados a través de 4 unidades e protagonizados por Fervello (un morcego), Fuco (un neno), Xana (unha nena) e Farragús (un can).

Trabállanse as habilidades básicas nestas idades: memoria visual, auditiva e numérica, atención, coordinación óculo-manual, asociación, razoamento, discriminación, linguaxe, corpo humano, imaxinación e creatividade.

Recollido no blog O recanto de Mik

Exposición de xoguetes tradicionais e antigos

Publicado por ruagalego o 07 xun 2009 | Etiquetado como : Sen clasificar

No primeiro andar do colexio, podedes visitar a exposición de xoguetes tradicionais e antigos. Contamos con carretóns, carracas, bonecas de millo, cariocas… Queremos agradecer ás familias a súa participación, sen a cal esta exposición non sería posible. 
 

 

Por un futuro de palabras!!

Publicado por ruagalego o 15 mai 2009 | Etiquetado como : Sen clasificar

Adhesións de ENDL: www.coordinadoraendl.org

Adhesións de docentes: www.coordinadoraendl.org/docentes.php