Archives byRecursos de aula

Recursos e materiais para o Nadal (CGNEDL)

A CGENDL pon unha vez máis á disposición de todas e todos vós un monográfico dedicado á temática do Nadal: http://coordinadoraendl.org/nadal/index.php. Esta páxina especial contén unha escolma de recursos e materiais elaborados por docentes, equipos de normalización lingüística, centros escolares, institucións e asociacións, tales como unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, propostas de agasallos en galego, etc. Coma sempre, agardamos que este contedor de recursos vos sexa de proveito nas aulas e pedímosvos a vosa colaboración para achegar novos recursos que compartir coa comunidade educativa, recursos que seguiremos subindo nestes días vindeiros.

Captura de pantalla de 2014-12-01 09:56:01.png

Non hai comentarios

Recursos para o entroido 2014 (CGENDL)

A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nas aulas, nos centros escolares e nas casas: http://coordinadoraendl.org/2014entroido/index.php. Este sitio web reúne recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc., así como diferentes novas de actualidade relacionadas con esta celebración: concursos, experiencias, etc.

Non hai comentarios

Letras Galegas 2013 – Recursos didácticos ofrecidos pola CGENDL

A CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina web monográfica sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013: http://coordinadoraendl.org/letras2013. Este especial compila recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo, institucións, asociacións, etc.

 

Co mesmo obxectivo, dannos a coñecer o proxecto Enredamos, unha compilación moi completa de xogos populares organizada segundo unha clasificación moi clara a través de fichas descritivas, vídeos-demostración, ligazóns, etc.: http://enredoscampolongo.blogspot.com.es. O traballo está coordinado polo mestre Antonio Ferrer Moreira (CEIP Campolongo – Pontevedra) e podedes colaborar nel dirixíndovos a enredoscampolongo@gmail.com.

Non hai comentarios

Recursos para traballar no Nadal

A Coordinadora Galega de ENDL puxo un ano máis á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal. Neste monográfico especial podedes atopar: 
1.- Recursos para traballar nas aulas
Escolma de recursos sobre o Nadal elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, etc.
Enderezo:  http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/recursos/index.php

2.- Postais elaboradas polo alumnado

Este espazo acolle felicitacións feitas polo alumnado e permite que calquera usuario envíe algúns destes traballos para felicitar o Nadal e o Aninovo a través da rede. O prazo de recepción de postais vai estar aberto ata o 21 de decembro (vid. instrucións no documento anexo). Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.

Enderezo: http://www.coordinadoraendl.org/nadal2012/recursos/index.php

Non hai comentarios

Recursos para o Entroido

Na páxina web da CGENDL temos á nosa disposición un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nas aulas, nos centros escolares e nas casas.

 

Nel, poderedes atopar recursos didácticos, manualidades, publicacións, etc., así como diferentes novas de actualidade relacionadas con esta celebración: concursos, experiencias, etc. Trátase dun especial en desenvolvemento que se irá actualizando con novas achegas nos próximos días.
http://www.coordinadoraendl.org/2012entroido/ant4.php

Non hai comentarios

Recursos educativos para o Nadal

Na web da CGENDL poñen á nosa disposición un feixe de recursos que podemos utilizar co alumnado con motivo das festas de Nadal:

. Enviar postais de felicitación

. Modelo de cartas aos Reis Magos e ao Apalpador.

. Selección de refráns.

. Contos, etc.

Non hai comentarios

Audiovisuais para os máis pequenos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou xa hai uns meses na súa web tres fermosas curtas de animación para gozar e traballar nas escolas infantís ou en familia: Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos.

Estes audiovisuais, desenvolvidos por OQO Editora, foron enviados recentemente en formato DVD a todos os centros educativos de Galicia que imparten educación infantil, e acompáñanse de propostas didácticas, que tamén se poden descargar da web.

Non hai comentarios

Recursos didácticos para o Día das Letras Galegas

Na páxina da Coordinadora Galega de ENDL poñen á nosa disposición un monográfico especial dedicado á figura e á obra de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011.

Nel, atoparedes unha escolma de recursos didácticos como actividades en liña, propostas de traballo para as aulas ou unha fonoteca e unha videoteca. Hai recursos para as etapas de educación infantil e primaria, tamén clasificadas por ciclos.

Non hai comentarios

DEBUXOS ANIMADOS EN GALEGO

OQO editora  e a TVG, vén de anunciarnos a próxima emisión na TVG2 de dúas series infantís de animación audiovisual. Están feitas en Galicia e en galego: Caracois e Os contos do camiño. Deste xeito, poderemos disfrutar de contos tan coñecidos como A Bruxa regañadentes, Corre corre, cabaciña, Chocolata… cun entretemento de calidade e en galego.

Non hai comentarios

Xogos educativos na rede

A Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) amplia a súa oferta de xogos educativos na rede co Catapalabras, un xogo no que poden participar de dous a catro xogadores que consiste basicamente en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras.

O obxectivo é conseguir a puntuación máis elevada posible, que dependerá da cantidade de palabras correctas que se escriban e do número de persoas que escriban a mesma palabra, xa que as palabras repetidas non puntúan.

Este xogo vense sumar ao Trivial, ao Letrad@s e ao xogo da Curuxa, todos eles cun alto índice de aceptación e participación, e pretende contribuír a galeguización dun espazo vital, o do lecer e o xogo, que na actualidade sofre unha importante carencia de posibilidades pensadas desde Galiza.

O xogo, as características, normas e demais pode verse na ligazón www.as-pg.com/catapalabras/login.htm.

Non hai comentarios

« Previous Entries