Archives byPromoción da lingua

Ollos de aula nº 22 (xuño 2015)

Nesta nova e última entrega do curso, Carmen Moure Espiño responde á pregunta “Por que se precisan proxectos de sensibilización coeducativa?”; e Mª Montserrat Castro Rodríguez propón unha serie de actividades para que a rapazada reforce no verán aprendizaxes da escola que deben estar e servir para a vida ordinaria. Pola súa banda, a psicopedagoga Lines Salgado achégase aos estándares da LOMCE na sección “Palabras do ensino”, mentres que Gracia Santorum nos agasalla novamente cunha triada de interesantes propostas lectoras en “Cadencias”.

Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)

Non hai comentarios

“Brinca vai” (Versións do CEIP A RÚA)

Neste vídeo os nenos e nenas do CEIP A RÚA interpretan algunhas das cancións do libro CD “BRINCA VAI” de Paco Nogueiras, que actuou no noso centro con motivo da celebración do día das LETRAS GALEGAS. Esperamos que vos gusten!!

Non hai comentarios

Ollos de aula nº 21 (maio 2015)

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, as páxinas centrais funcionan a modo dun cartel que convida a realizar as pequenas pero importantes accións que todos e todas podemos facer pola lingua todos os días do ano. Se imprimimos en tamaño grande mellora a súa resolución.

Esta mesma efeméride motiva a reflexión que pecha a revista, “The Walking Dead (versión enxebre)”, que cuestiona o modelo actual de celebración das Letras Galegas. Así mesmo, nesta entrega a psicopedagoga Lines Salgado afonda na proba de avaliación de 3º de Primaria e Carmen Díaz Simón, orientadora do IES Lucus Augusti, responde á pregunta “Como debe educar a escola para a convivencia social?”.
 

Ollos de aula. Nº 21 by cendl

Non hai comentarios

Presume de galego

Con motivo do Día das Letras, dende a CGENDL  invítannos a difundir unha mensaxe positiva de orgullo lingüístico.

Non hai comentarios

Ollos de aula, nº 20

No presente número a psicopedagoga Lines Salgado achéganos á mediación escolar; Pilar Sampedro, docente e membro da Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, analiza o papel que debe xogar a familia na iniciación á lectura; mentres que a pregunta desta entrega se centra en “Como detectar un trastorno da conduta alimentaria?”. Coma sempre, Gracia Santórum preséntanos interesantes propostas literarias, musicais e de ocio. A contracapa convídanos a reflexionar sobre a estigmatización do modelo da fala dos galegofalantes que, ás veces, cometemos os propios docentes co noso “bolígrafo vermello”.

Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir by cendl

Non hai comentarios

Revista “Ollos de Aula” nº 18 (Decembro 2014)

Chega o número 18 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado:

Nesta derradeira entrega do ano, Belén Escariz Ferrín, mestra de Infantil no CEIP Quintela de Moaña, analiza o primeiro ano de escolarización dos pequenos/as, entanto que Mª Sonia Fernández Casal, profesora no IES Fontexería de Muros, reflexiona nun artigo sobre diversos aspectos da educación masculina que teñen unha grande influencia na reprodución do sexismo, e a psicopedagoga Lines Salgado dá a coñecer outra das numerosas siglas que empregamos no ensino, o RRI. Gracia Santórum achega coma sempre propostas de lectura e ocio que hai ter moi en conta.

Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara by cendl

Non hai comentarios

Presumo de Galego (CGENDL)

A CGENDL está organizando unha campaña que trata de poñer en valor ante a sociedade o coñecemento e uso que fan da lingua no día a día os e as galegofalantes máis novos.

Queremos escapar de estereotipos porque queremos fomentar a autoestima dos galegofalantes contemporáneos (rurais, urbanos, periurbanos…) que pronuncian sete vogais, e calquera outro fonema propio do galego, que teñen acento autóctono e que, con menos de 18 anos, son quen de expresar na súa lingua o que pensan sobre calquera tema. Se estes senten orgullo da súa lingua non mudarán tan doadamente para o castelán fóra do seu contexto habitual e diante de persoas que empregan este idioma. Isto é, buscamos que os falantes de galego en xeral, pero sobre todo o alumnado galegofalante en particular, sinta orgullo da súa fala.
Trátase de realizar gravacións de galegofalantes como primeira medida de poñelos en valor. Recollendo, en menos de 1 minuto, as súas voces, poderán escoitarse no noso web como os mellores galegofalantes do mundo. A eles poderán acceder tamén xentes de contextos castelanfalantes, para que o alumnado que reside neles comproben que existe xente da súa idade que fala en galego habitualmente dos mesmos temas que poderían falar eles/as.

 

De aí que ideásemos a primeira acción Presumo de galego que consiste en realizar gravacións de menos de 1 minuto seguindo as instrucións que están en http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego/
Animádevos a participar!
Captura de pantalla de 2014-11-26 11:22:25.png

Non hai comentarios

A lenda do espantallo (versión inventada)

Presentámosvos unha versión da curtametraxe “La leyenda del espantapájaros”, narrada polo alumnado de 5º curso de primaria. O audio foi elaborado polo alumnado sen coñecer previamente o texto orixinal. Todas as decisións foron consensuadas na aula a partir das diferentes propostas. Sorprende a grande cantidade de coincidencias entre a versión orixinal e esta, pero son pura casualidade. O traballo máis difícil foi facer cadrar as imaxes co ritmo do audio.  Esperamos que vos guste!

Non hai comentarios

Revista “Ollos de auga” nº 17 (novembro 2014)

Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado, publica un novo número, o 17, que agardamos que sexa do voso interese.

Nesta nova entrega analiza as consecuencias negativas que para o galego ten o Decreto do Plurilingüismo 4 anos despois da súa aprobación e a grande estafa en que se está a converter a Política Lingüística oficial. Ademais, a orientadora Mª Dolores González Piñeiro fálanos de “educar nas emocións” e a psicopedagoga Lines Salgado subliña a importancia da “Hora de Ler”. Así mesmo, Gracia Santorum animános, coma sempre, a ler e a escoitar, e desta volta tamén a percorrer e sentir a ameazada Fraga de Catasós de Lalín.

Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara

Non hai comentarios

CANTO RIMOS! (17)

Aula de 4º.

Candela e Laura

LAURA MARTÍNEZ CANCELAS E CANDELA RÍOS LORENZO

Nerea F. e Noa

NEREA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ E NOA FERNÁNDEZ SALGADO

Non hai comentarios

« Previous Entries