Archives byPoesía

Para os mellores papás

Hoxe os nenos e as nenas de varios cursos saíron felices e contentos cos seus agasallos para PAPÁ, fermosos poemas que eles fixeron con moito cariño. Nas imaxes podedes ver unha pequena mostra.

 

 

 

 

 

Non hai comentarios

Toño Núñez lenos o conto do Pirata Metepata

Non hai comentarios

Está ben clariño: o galego serve para entendérmonos

ESTÁ BEN CLARIÑO, É QUE NON O ENTENDEN?

Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa, … apelido: Vázquez, Nogueira, …
e alcume: o Bichoguizo, a Rachaoferro, …
Puxémoslle nome ás nosas árbores: amieiro, freixo, … e apelidos: Carballa
da Rocha, Castiñeiro da Capela, …
Botamos aturuxos, arroutadas, … e damos colo, apertas, …
Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, …
Aos arbustos: silva, xesta, …
Ás nosas herbas: camariña, herba de namorar, …
Ás comidas: grelos, cacheira, …
Puxémoslle nome aos insectos: vagalume, escornabois, …

Aos peixes: xouba, ollomol , … e aos mariscos: vieira, zamburiña, …

Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, …
Ás serras: O Larouco, A Capelada, …

Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, …
Ás rochas: Pena Corneira, A Pedra de Abalar, …
Aos ríos: Toxa, Xallas, …
Aos pobos: Soutelo, Peroxa, …

Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño, …

Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo, …

Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo, …

Aos monstros: Sacauntos, Fendetestas, …
As vacas: Marela, Xeitosa, …

Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, …
Aos sentimentos: morriña, agarimo, …

Aos santos: A Franqueira, O Corpiño, …
Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto, …
Á musica: os alalás, a chouteira, …

Aos xogos: a billarda, a porca, …

Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, …

Aos paxaros: paporrubio, rula, …

Ao vestido: saia, polaina, …

…e agora veñen que para qué serve o galego, pois é obvio,

PARA ENTENDERNOS.

Escrito por José Manuel Atanes Limia no “Faro de Vigo”
E no blog O segrel do Penedo propóñennos ampliar este mundo de palabras. Anímate!

Non hai comentarios