Libros
Anotacións arquivadas nesta categoría
Anotacións arquivadas nesta categoría
Publicado por ruagalego o 23 dec 2009 | Etiquetado como : Libros, Poesía, Recursos de aula
Publicado por ruagalego o 11 dec 2009 | Etiquetado como : Libros
A coordinadora de equipos de Dinamización e Normalización Lingüística do Morrazo elaborou unhas guías de lecturas para o Nadal.
Están no prelo e pronto serán distribuídas nos coles e institutos.
Aquí tedes as de Infantil:
(Fai click na imaxe para vela a tamaño grande)
E aquí as de Primaria:
Publicado no blog do CEIP Quintela, “Dinamiza, normaliza”
No CEIP A Rúa editaremos en breve ademais unha guía complementaria elaborada por Roni e o seu equipo de colaboradores/as da Biblioteca, non vola perdades!!
Publicado por ruagalego o 31 mar 2009 | Etiquetado como : Libros
O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos.
Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans.
Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como “Tarzán de goma”, “Mago por correspondencia”,… e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter.
Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, “Harry Potter e as reliquias da morte”.
Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca.
Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e todas, “As pegadas de Roni”.
Agradecemos a Laura que estivera connosco.
Publicado e ampliado en O recanto de Roni