Archives byLetras Galegas

“Brinca vai” (Versións do CEIP A RÚA)

Neste vídeo os nenos e nenas do CEIP A RÚA interpretan algunhas das cancións do libro CD “BRINCA VAI” de Paco Nogueiras, que actuou no noso centro con motivo da celebración do día das LETRAS GALEGAS. Esperamos que vos gusten!!

Non hai comentarios

Letras Galegas 2014 (Xosé María Díaz Castro)

Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro: http://coordinadoraendl.org/letras2014.

Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc.

Non hai comentarios

Meu o mundo é! cantamos con Paco Nogueiras

Atopamos en Youtube dous vídeos de Paco Nogueiras Nodar, Torre Branca producións, que inserimos aquí para cantar no Día das Letras Galegas. As cancións son “Meu o mundo é”, e “Espirito Vidal Bolaño”. A gozalas!

Meu o mundo é:


Espirito Vidal Bolaño:

 

Non hai comentarios

Letras Galegas 2013 – Recursos didácticos ofrecidos pola CGENDL

A CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina web monográfica sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013: http://coordinadoraendl.org/letras2013. Este especial compila recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo, institucións, asociacións, etc.

 

Co mesmo obxectivo, dannos a coñecer o proxecto Enredamos, unha compilación moi completa de xogos populares organizada segundo unha clasificación moi clara a través de fichas descritivas, vídeos-demostración, ligazóns, etc.: http://enredoscampolongo.blogspot.com.es. O traballo está coordinado polo mestre Antonio Ferrer Moreira (CEIP Campolongo – Pontevedra) e podedes colaborar nel dirixíndovos a enredoscampolongo@gmail.com.

Non hai comentarios

Na punta do pé

Onte  celebramos a festa das Letras a ritmo da música de PESDELÁN. Dende os máis cativos aos maiores, incluído o profesorado, bailamos, cantamos e pasamos unha xornada moi agradable.

Os nenos e as nenas escriben:

O día 15 de maio bailamos uns bailes no patio. Os bailes chamábanse: A pulga de palla, O xogo da carrasquiña, O gharutiño, Caminho de Viseu, O baiao. Foi ás 12:50. O que máis nos gustou foi O gharutiño. Pasámolo moi ben.

Anxo e Xaime

O día 15 de maio na penúltima sesión bailamos catro cancións cos de 1º e Infantil. Paseino moi ben. O meu favorito foi O gharutiño, tamén me encantou O xogo da carrasquiña.

Joel

O día 15 no colexio de A Rúa organizaron uns bailes. Bailou todo o colexio, e tamén os profes. Nos divertimos moito.

Héctor

Onte a profe Laura organizou uns bailes no cole, bailamos todos. Un dos bailes foi Caminho de Viseu. Pasámolo moi ben.

Lúa e Mar

Non hai comentarios

O circo dos olvidados

Hoxe tivemos a sorte de asistir á primeira representación da obra de teatro “O circo dos olvidados”. Correu a cargo do grupo ATRAPATEATRO. Todo o alumnado e o profesorado do cole seguimos con afán e sen perder detalle o desenvolvemento da obra. Quedamos abraiados da extraordinaria interpretación dos actores e actrices, da posta en escena, da música… 
Cando rematou todos aplaudimos a rabiar, ninguén quería marchar.
Só o alumnado de 4º tivo a oportunidade de ensaiar uns cantos números de circo no patio do colexio tendo como monitores aos actores e actrices, ¡¡que sorte!!
Queremos felicitar a todas as persoas que fixeron posible esta magnífica representación. 

Noraboa e moitas grazas.

Non hai comentarios

Dúas xornadas de risa!!

 

OS DIAS 19 E 20 FORON UNS DÍAS MOI ESPECIAIS PORQUE  FIXEMOS O MARATON  ¡CAAAANNNTOO    RIMOSSSSS!, UNS  DÍAS INESQUECIBLES.

UN CHISTE

¿QUE LLE DI UN PATO A OUTRO?

 ¡ESTAMOS EMPATADOS!

Lúa, Hugo e Xaime

 

Non hai comentarios

II CANTO RIMOS!

Este é o segundo ano que celebramos o maratón de chistes CANTO RIMOS! Como podedes ler no cartel que elaboraron os nenos/as de Infantil 5 A, o xoves será o alumnado de Infantil e 1º Ciclo os que nos facerán pasar un rato moi divertido. O  venres será o alumnado de 2º e 3º Ciclo os que se partirán de risa.

PARTICIPADE!, podemos dicir que será unha boa terapia anticrisis.

Non hai comentarios

Cancións populares galegas

Hoxe os nenos/as de primeiro ofreceron  un pequeno concerto no colexio coas cancións populares galegas que aprenderon ao longo do curso.  Foi un éxito.

Non hai comentarios

Receitas variadas

Como cada ano, os nenos e as nenas dos diferentes cursos elaboraron textos para o día das Letras Galegas. Este curso estamos traballando a alimentación polo que o texto elixido foi a receita.

Están expostos na entrada do colexio, non deixedes de ollalos, quedaredes gratamente sorprendidos.

Non hai comentarios

« Previous Entries