Archives byFestas

Carta aos Reis Magos

Os nenos/as escribiron cartas ás SS. MM. Os Reis Magos que viñeron persoalmente ao colexio para recollelas e para repartir caramelos. Agardamos que cumpran os  desexos dos cativos, que ningún neno/a quede sen o seu agasallo.

Non hai comentarios

Celebramos o magosto

HOXE FIXEMOS O MAGOSTO NO COLE. XOGAMOS, COMEMOS CASTAÑAS, EMBORRALLÁMONOS…  FOI UN DÍA MOI DIVERTIDO.

OLLADE E VEREDES QUE BEN O PASAMOS.

Non hai comentarios

Que medo!!

 

Non hai comentarios

UUUUUHHHHH!!!

Achégase o Samaín e nós xa estamos tremelicando de medo.

AAAAIIIIIIII!!!!

Non hai comentarios

Catro de xuño = festa fin de curso


O catro de xuño celebramos a festa de fin de curso. Pasámolo moi ben xogando a tirar da corda, ás sillas, ao pano, a pasar por debaixo dunha corda, …
Para repoñer forzas tomamos sandía e melón que estaban deliciosos.
Pola tarde houbo exhibición das actividades que realizaron os nenos/as ao longo do curso.
Foi unha xornada divertida.

Lena e Xaime

Non hai comentarios

Catro de marzo, entroido no cole

Se onte invadiron o cole os personaxes dos contos, hoxe acudiron cociñeiros, camareiros, unhas berenxenas moi marchosas e caramelos de varios sabores.
Mamás, papás, avoas, avós, tías, tíos… non quixeron perder detalle de todo o que aconteceu.

Non hai comentarios

Antonio García Teijeiro regálanos un poema con bos desexos no 2011

Recibimos un e-mail de Antonio García Teijeiro que di o seguinte: “Para todos vós que sodes encantadores, este poema que quere desexarvos un 2011 cheo de amor, paz e poesía.
Moitas grazas a Antonio por lembrarse de nós 🙂

Non hai comentarios

OS REIS MAGOS VISITAN O NOSO COLE

HOXE FOI UN DÍA ESPECIAL PARA OS NENOS E NENAS DO COLEXIO, PRIMEIRO RECIBIRON A VISITA DOS REIS MAGOS E DESPOIS TOMARON UNHA DOCE E SABOROSA MERENDOLA.

Non hai comentarios

Celebramos o día das castañas, o magosto

O martes día 16 de novembro no colexio A Rúa fixemos o magosto. Xogamos ao poli davanti na aula e despois comimos castañas e emborrallámonos. Foi un día moi divertido!

Non hai comentarios

O MAGOSTO CANTARÍN

Os nenos e nenas de 2º cantando e recitando poemas do magosto na clase de 1º. Despois foron ás outras clases.

Non hai comentarios

« Previous Entries