Archives byCultura tradicional galega

ESTE ANO XA TEMOS MOITAS CABAZAS

Os nenos e nenas do cole xa están moi animados preparando a festa do Samaín.

Escriben contos, poemas, acrósticos, … e sobre todo, decoran as cabazas.

Non hai comentarios

SAMAÍN

O día do Samaín celébrase o 31 de outubro.

Pero, ¿que haberá pola rúa?

Cecais un monstro, un gato, unha momia ou un zombi.

Miña mamaiña, ¡que medo da o SAMAÍN!

Laura (2008)

POEMA

¡Que medo! ¡Que medo!

o SAMAÍN xa chega

¡Que medo! ¡Que medo!

esqueletos no cimenterio

¡Que medo! ¡Que medo!

A bruxa está voando

¡Que medo! ¡Que medo!

Hai nenos disfrazados

¡Que medo! ¡Que medo!

Entramos no castelo

¡Que medo! ¡Que medo!

A nena está tremendo

Catalina (2008)

Se quere saber máis da festa do Samaín preme neste enlace.

Non hai comentarios

A noite de San Xoán

A noite de San Xoán, o 24 de xuño, é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura.

0 dia no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dase o 21 de xuño, fenómeno natural coñecido como “solsticio de verán”. A partir de entón, o tempo da claridade solar vai diminuindo paseniñamente ate o “solsticio invernal” no día de San Silvestre.


Segundo a definía don Eladio Rodríguez Gónzalez: “Na noite de San Xoán parecen realizarse tódalas marabillas. Acéndense nas cidades, vilas e aldeas as tradicionais lumeiradas, arredor das cales canta a mocidade, baila e brinca por riba das chamas; póñense ó relento herbas e plantas recendentes, mergulladas en auga, e nesta auga lávase, á mañá seguinte, toda a familia.

As mozas solteiras botan a clara e a xema dun ovo nun vaso con auga, que poñen ó relento para observar ó saí-lo sol as formas caprichosas que adoptou o contido e deducir diso a profesión ou oficio que terá o desexado noivo ou o futuro esposo. A mocidade das aldeas, aproveitando as sombras, dedícase a cambiar de sitio e saca-las cancelas dos seus gonzos, os carros, os apeiros de labranza e tódolos enseres que poden levar duns sitios a outros máis ou menos afastados; deste xeito aparecen pola mañá, na eira dun veciño, o que estaba recollido no alpendre.

CACHELA DE SAN XOÁN, DEBUXO FEITO POR CASTELAO

DITOS E REFRÁNS

Os principais refráns sanxoaneiros recollidos din:

– En san Xoán, as bruxas fuxirán.
– Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.
– Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
– Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.
– Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.
– Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si eres capaz.
– En san Xoán, cardos dan.
– No san Xoán, peras na man.
– No san Xoán, as peras caen ó chan.
– A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.
– No san Xoán, fouciña na man.
– Cebolas en san Xoán, cagallas de can.
– Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.
– Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.
– Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.
– Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.
– Polo san Xoán, as nove co día darán.
– Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.
– 0 dia de san Xoán, é o día máis longo do verán.
– Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.

Algunhas ligazóns para saber máis do San Xoán: lendas, tradicións, historia,…

Lembrando a Galicia

A Noite de San Xoán

Tradicións e costumes da Noite de San Xoán

Non hai comentarios

Celebramos a semana de xogos tradicionais

A semana do 18 ó 24 de maio, levamos a cabo no recreo distintos xogos tradicionais.

Os propios alumnos e alumnas foron os encargados da  organización e animación dos xogos.

Entre outros, xogamos á corda, ás cariocas, ós zancos…

Pasámolo xenial! Unha experiencia para repetir!

Non hai comentarios