Archives byContacontos

O APALPADOR

ESTA MAÑÁ A MAMÁ DE ANTÓN VEU AO COLE PARA CONTARNOS A HISTORIA DO APALPADOR. 
EXPLICOUNOS QUE VIVE NAS TERRAS DO COUREL E QUE NA NOITE DE NADAL BAIXA ÁS ALDEAS E APÁLPALLES AS BARRIGAS AOS NENOS E ÁS NENAS PARA VER SE ESTÁN BEN MANTIDOS. ANTES DE MARCHAR DEIXALLES UNHA MOREA DE CASTAÑAS BEN QUENTIÑAS E ALGÚN XOGUETE DE MADEIRA AGACHADO NALGÚN LUGAR DA CASA.

GRAZAS MARTA POR COMPARTIR CON NÓS ESTA FERMOSA HISTORIA.

Non hai comentarios

Un conto fantástico

Hoxe o papá de Emma contounos un conto fantástico. Disfrutamos escoitando a emocionante aventura que vivimos todos e todas nunha viaxe singular e fantástica. Canto nos gustou!!
Grazas Xoán por dedicarnos parte do teu tempo libre.


Nesta presentación podedes ver aos nenos e as nenas escoitando atentamente a Xoán.

Non hai comentarios

Espantallo amigo

 

Hoxe Camilo, o papá de Teo, leunos este libro de X. Neira Vilas. Conta a historia do tío Ramón de Reborneda, un velliño pobre que ten ao pé da casa a figueira máis grande da aldea. Os merlos deron con ela e peteiran os figos sen parar. O tío Ramón armou un espantallo que puxo na galla máis baixa da árbore, os merlos fuxiron pero …

Grazas por compartir con nós este conto tan entrañable.

Non hai comentarios

¡Puag, que noxo!

 

O día 27, a mamá de Xaime, Patri, veu ao cole e contounos este entrañable e divertido conto de Fina Casalderrey.
Conta a historia dun neno que se queda só na casa coa súa irmá, un bebé de sete meses. A nena fai caca e enlarafúzase toda, el ten que resolver a situación.
Grazas Patri por dedicarnos parte do teu tempo.

Non hai comentarios

Un rato na casa


Hoxe Mari, a mamá de Héctor, leunos este conto de Helena Villar Janeiro. Trata do ratiño que, no canto de ir recoller os dentes que lles caen aos cativos, decide quedar na casa de Marco porque alí cómese moi ben.

Non hai comentarios

O coelliño branco

Amina contou a aventura deste coelliño que sae buscar coles á horta para facer un caldiño e cando volve atopa a cabra cabraza que non lle quere abrir a porta. Vai na busca de axuda e …
Ao final unha formiga, pequena pero moi valente, está disposta a axudalo para que poida volver á súa casa.

Non hai comentarios

Os bolechas queren saber como aforrar auga


María, a nai de Adrián, estivo o venres na clase lendo este libro de Os Bolechas; informa sobre o consumo excesivo de auga no noso país e da moitas ideas para aforrala. É un libro moi interesante.
Grazas María.

Non hai comentarios

TIO LOBO

 


Hoxe, na Biblioteca do cole, as nenas e os nenos de 2º léronlle o conto de Tío Lobo ao alumnado de Infantil. Tamén lle fixeron un pequeno agasallo, o conto ilustrado por eles.

 

Non hai comentarios

Os tres porquiños


Hoxe foi Hugo o que nos contou este conto, aínda que o coñecemos moi ben, sempre nos gusta, sobre todo cando o lobo sae correndo co cu escaldado.

Non hai comentarios

Carapuchiña vermella


Iván contounos este conto que todos coñecemos. Deulle un toque especial. O lobo papou a Carapuchiña e á avoa pero grazas ao leñador poideron saír do seu bandullo.

Non hai comentarios

« Previous Entries