Archives byConmemoracións

Recursos para o entroido (web da CGENDL)

A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nos centros escolares e nas casas: http://coordinadoraendl.org/entroido/index.php.

entroido

Neste sitio web reúnense recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc.

Non hai comentarios

Ollos de aula nº 21 (maio 2015)

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, as páxinas centrais funcionan a modo dun cartel que convida a realizar as pequenas pero importantes accións que todos e todas podemos facer pola lingua todos os días do ano. Se imprimimos en tamaño grande mellora a súa resolución.

Esta mesma efeméride motiva a reflexión que pecha a revista, “The Walking Dead (versión enxebre)”, que cuestiona o modelo actual de celebración das Letras Galegas. Así mesmo, nesta entrega a psicopedagoga Lines Salgado afonda na proba de avaliación de 3º de Primaria e Carmen Díaz Simón, orientadora do IES Lucus Augusti, responde á pregunta “Como debe educar a escola para a convivencia social?”.
 

Ollos de aula. Nº 21 by cendl

Non hai comentarios

Recursos para o entroido 2014 (CGENDL)

A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nas aulas, nos centros escolares e nas casas: http://coordinadoraendl.org/2014entroido/index.php. Este sitio web reúne recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc., así como diferentes novas de actualidade relacionadas con esta celebración: concursos, experiencias, etc.

Non hai comentarios

Meu o mundo é! cantamos con Paco Nogueiras

Atopamos en Youtube dous vídeos de Paco Nogueiras Nodar, Torre Branca producións, que inserimos aquí para cantar no Día das Letras Galegas. As cancións son “Meu o mundo é”, e “Espirito Vidal Bolaño”. A gozalas!

Meu o mundo é:


Espirito Vidal Bolaño:

 

Non hai comentarios

Letras Galegas 2013 – Recursos didácticos ofrecidos pola CGENDL

A CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina web monográfica sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013: http://coordinadoraendl.org/letras2013. Este especial compila recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo, institucións, asociacións, etc.

 

Co mesmo obxectivo, dannos a coñecer o proxecto Enredamos, unha compilación moi completa de xogos populares organizada segundo unha clasificación moi clara a través de fichas descritivas, vídeos-demostración, ligazóns, etc.: http://enredoscampolongo.blogspot.com.es. O traballo está coordinado polo mestre Antonio Ferrer Moreira (CEIP Campolongo – Pontevedra) e podedes colaborar nel dirixíndovos a enredoscampolongo@gmail.com.

Non hai comentarios

Recursos para o Entroido

Na páxina web da CGENDL temos á nosa disposición un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nas aulas, nos centros escolares e nas casas.

 

Nel, poderedes atopar recursos didácticos, manualidades, publicacións, etc., así como diferentes novas de actualidade relacionadas con esta celebración: concursos, experiencias, etc. Trátase dun especial en desenvolvemento que se irá actualizando con novas achegas nos próximos días.
http://www.coordinadoraendl.org/2012entroido/ant4.php

Non hai comentarios

Recursos para o entroido

Na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrécennos unhas receitas de cociña para o entroido: filloas, orellas e cocido. Tamén atopamos un dicionario das palabras máis empregadas no entroido.

Propoñémovos facer unha caza do tesouro que  atopamos no blog do Recanto de Mik, onde se ofrece tamén esta ampla selección de recursos web para traballar no entroido.

Non hai comentarios

Postal de felicitación da CGEDNL para o 2010

Non hai comentarios

Felicitamos o Nadal dende o CEIP A Rúa

A Comunidade educativa do C.E.I.P. A Rúa quere desexarvos a todos e todas un Bo Nadal 2009 e o mellor para este novo ano que comeza.

Non hai comentarios

Os dereitos das nenas e dos nenos

Facémonos eco da entrada no blog do CEIP Campolongo que nos lembra a conmemoración do 50 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos do Neno/a, aprobada o 20 de novembro de 1959 pola Asemblea Xeral da ONU.
Reproducimos unha presentación e un vídeo da entrada do seu blog.
Os Dereitos das Nenas e dos Nenos
View more presentations from reboreda.

Non hai comentarios