Archives byActividades

EXPRESARTE

O día 21 acudiron ao colexio membros da asociación ASPAMSIN para amosar o traballo que realizan as persoas con discapacidade intelectual. Neste caso, centráronse nas actividades artísticas que forman parte do Proxecto EXPRESARTE, e máis en concreto no “Museo da Praia” formado por obras plásticas realizadas a partires de obxectos atopados na praia de Rodeira.

Unha vez exposta a presentación por parte de Beli, a encargada do Museo, o alumnado de 3º e 4º, formando grupos cooperativos, recibiron a proposta de participar na creación dunha obra artística cos materiais de refugallo recollidos na praia polos membros da asociación.

Non hai comentarios

“O rato” e “A que sabe a Lúa”

Estas son as dúas pequenas obras (en canto a súa duración pero grandes no que se refire a interpretación e posta en escea) coas que nos agasallaron os nenos e as nenas que participaron na actividade de teatro ao longo do curso que remata.

Noraboa aos actores/actrices e a o director por este traballo que tanto nos gustou.

Nesta imaxe vemos un momento da representación de  “A que sabe a Lúa”

Os espectadores están moi atentos mentres se representa “O rato”

Aquí podemos ver aos actores e as actrices.

Non hai comentarios

¡CANTO RIMOS!

O xoves día 7 de abril os nenos e nenas de infantil, primeiro e segundo fixemos unha actividade de chistes que se chamaba ¡Canto rimos! Os nenos e as nenas saímos contar chistes. Gustounos moito. Os chistes eran moi divertidos. Foi na sala de usos múltiples.

Xaime

Non hai comentarios

Os narigudos


Non hai comentarios

EXPOSICIÓN DE FROITAS/FROITOS DE OUTONO

Na entreda do cole hai unha exposición de froitas de outono, montárona as nenas e os nenos de 3º.

¡Cantas vitaminas xuntas!, dan ganas de botarlle o dente.

Non hai comentarios

UI!! QUE MEDO!!

Aquí tedes a mostra de algunhas das actividades que realizaron polo SAMAÍN os nenos e as nenas de 2º Ciclo .

Non hai comentarios

Mochilas viaxeiras

As mochilas viaxeiras xa están circulando,  son novas e de cor azul; OLLO!! O MELLOR VAI DENTRO! Papás, mamás, avós, avoas… xa poden gozar da lectura cos seus fillos ou netos.

Non hai comentarios

A cantar con “Contos en cantos”

O vindeiro venres, 16 de abril, ás 11:30 no Auditorio de Cangas tod@s temos unha cita.
Cantaremos da man de Almudena Janeiro cancións que nos rechiflan como: Cocorico, Mariluz Avestruz, Sal e azucre, Chocolata…
Acompañarannos nesta xornada musical os nosos amig@s dos coles do Hío e Espiñeira-Aldán.
Vai ser moi divertido, ide afinando as voces!!!
Deixámosvos o vídeo de Chocolata para que practiquedes!!

Contos en cantos é un libro CD-DVD publicado pola editorial OQO onde 13 contos do mundo son engalanados cos sons de diferentes estilos musicais: bossa nova (O Brasil), sirtaki (Grecia), tango (A Arxentina), rock & roll, soul, gospel ou cantos africanos, sempre baixo o fío condutor da doce e saltareira voz de Almudena Janeiro.

Con el preténdese achegar os máis pequenos a outras culturas, a través da nosa, e que aprendan a valorar e compartir este rico patrimonio musical, co que ademais se poden divertir.

Non hai comentarios

Cadernos viaxeiros, os pais e nais recomendan…


MASCARILLA NATURAL PARA LIMPAR A CARA

  • Coller un iogur natural e botarlle un pouco de mel. Estender pola cara, deixar uns minutos e lavar.

PARA A CAÍDA DO PELO

  • Facer unha infusión con follas de romeu, deixala templar e aclarar o pelo na derradeira aclarada.

PARA O PELO SECO

  • Facer unha mascarilla con aguacate e un pouco de aceite de xerme de trigo.  Deixar media hora no pelo e despois lavar normalmente. Repetir cada quince días.

Non hai comentarios

Refráns para todo o ano

Este ano os alumnos e alumnas de terceiro curso traballaron os refráns que teñen por motivo o tempo atmosférico. Despois de buscar moitos refráns seleccionaron os máis atractivos e acompañáronos de debuxos para que os poidesemos entender mellor.
Moitos deses refráns están relacionados co santoral do calendario.

Non hai comentarios

« Previous Entries