decembro 2009

Arquivo mensual

Toño Núñez lenos o conto do Pirata Metepata

Publicado por ruagalego o 23 dec 2009 | Etiquetado como : Libros, Poesía, Recursos de aula

Postal de felicitación da CGEDNL para o 2010

Publicado por ruagalego o 23 dec 2009 | Etiquetado como : Conmemoracións

Regalemos galego 2009 e enderezos de internet

Publicado por ruagalego o 18 dec 2009 | Etiquetado como : Promoción da lingua

O ENDL e a Biblioteca do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral elaboraron un catálogo de 16 páxinas en cor en formato .pdf  de regalos en galego. Contén xoguetes, xogos de mesa, filmes, libros, música de todos os estilos e para todos os públicos, roupa, novas tecnoloxías…

regalemos

Descarga en pdf.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo elaborou unha guía de sitios web en galego para  contribuír á difusión da información na nosa lingua, ao mesmo tempo que á difusión da creación artística, da cultura, do deporte, da literatura, da música, dos espazos de participación e creación de opinión, do ensino, do medio, etc. Con ela quérese convidar a todo o mundo a navegar e a descubrir o ciberespazo en galego.

enderezos

Felicitamos o Nadal dende o CEIP A Rúa

Publicado por ruagalego o 16 dec 2009 | Etiquetado como : Conmemoracións

A Comunidade educativa do C.E.I.P. A Rúa quere desexarvos a todos e todas un Bo Nadal 2009 e o mellor para este novo ano que comeza.

O Apalpador: o Papá Noel galego

Publicado por ruagalego o 15 dec 2009 | Etiquetado como : Recursos de aula

En Vieiros da Escola publícase un especial sobre a figura do Apalpador, onde podes atopar recursos para traballar na aula co alumnado: contos, cantigas, láminas para colorear…

“O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.”  (Blog O Apalpador)

Destes recursos destacamos o libro  Antón e o Apalpador, de Editorial Barafunda, con textos de Manuel Castro e Mar Ameixeiras e ilustracións de Francisco Ameixeiras.

En Nadal, un libro (ou dous)

Publicado por ruagalego o 11 dec 2009 | Etiquetado como : Libros

A coordinadora de equipos de Dinamización e Normalización Lingüística do Morrazo elaborou unhas guías de lecturas para o Nadal.
Están no prelo e pronto serán distribuídas nos coles e institutos.
Aquí tedes as de Infantil:

(Fai click na imaxe para vela a tamaño grande)

E aquí as de Primaria:

Publicado no blog do CEIP Quintela, “Dinamiza, normaliza”

No CEIP A Rúa editaremos en breve ademais unha guía complementaria elaborada por Roni e o seu equipo de colaboradores/as da Biblioteca, non vola perdades!!