CELEBRAMOS O MAGOSTO?
Publicado por ruagalego o 12 nov 2009 ás 02:14 pm | Etiquetado como : Sen clasificar
Poderemos celebrar mañá o magosto no cole?
Levamos uns días traballando sobre o outono, o magosto e as castañas. Recollemos refráns, cantigas, receitas…. ata preparamos uns cestos para recoller as castañas e non queimarnos na festa do magosto.
Pero, cando poderemos celebrar esa festa? Precisamos repoñer forzas, e nada mellor que comendo unhas boas castañas asadas.


