abril 2009

Arquivo mensual

As nosas palabras preferidas

Publicado por ruagalego o 24 abr 2009 | Etiquetado como : Actividades

A CAIXA DAS PALABRAS PREFERIDAS

Como sabedes, nestes días, estamos realizando a recollida de palabras galegas que máis nos gustan en cada familia. Xa temos algunhas, coas que faremos unha exposición a primeiros de maio, así que si queredes, aínda estades a tempo de participar.

Os da clase dos piratas xa temos rematada a “Super-Caixa” das Palabras Preferidas, e como a nosa lingua é para nós un tesouro, merece todo o noso cariño, ilusión e esforzo.

Esperamos que nos mandedes moitas, moitas palabras…

Así empezou o noso traballo… Primeiro pintamos a caixa…

Logo, picamos e pegamos as letras e os debuxos que fIxemos.

Estas son algunhas das palabras que xa temos recollidas.

POIS, TODAS ESTAS, E MOITAS MÁIS, AS PODEDES ATOPAR EXPOSTAS NO CORREDOR DO COLEXIO A PARTIR DO DÍA 4 DE MAIO.

¡GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

Recursos didácticos sobre Ramón Piñeiro

Publicado por ruagalego o 14 abr 2009 | Etiquetado como : Letras Galegas

ESCOLMA DE PÁXINAS WEB E SITIOS DA REDE SOBRE O AUTOR, PARA O SEU USO EDUCATIVO, ELABORADO POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA E DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO C.E.I.P. QUINTELA (MOAÑA)

Liña de tempo na vida de Ramón Piñeiro

Vídeo biográfico sobre Ramón Piñeiro (Olladas sobre Ramón Piñeiro)

Convocado o IV Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino

Publicado por ruagalego o 02 abr 2009 | Etiquetado como : Promoción da lingua

A Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa veñen de convocar os IV seminarios de dinamización lingüística, que se realizarán en dúas quendas: unha primeira nas cidades da Coruña (IES Rafael Dieste), Lugo (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes), Ourense (IES Universidade Laboral) e Vigo (IES Alexandre Bóveda) os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de abril, e unha segunda en Pontevedra, Santiago e Ferrol os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de maio.

Os obxectivos destes IV seminarios son comprender a importancia dunha planificación lingüística axeitada para acadar a competencia nas dúas linguas oficiais; crear un espazo de referencia para a divulgación de estratexias, ferramentas e recursos para os ENDL; e dar a coñecer experiencias viables e realistas que se están a desenvolver nos centros de ensino.

O prazo para se matricular para a primeira quenda remata o 13 de abril e pode facerse a través da ferramenta da Consellaría de Educación para a formación do profesorado: www.edu.xunta.es/fprof

O número de prazas dispoñibles para asistir é de 50 e terán preferencia os coordinadores e coordinadoras de ENDL; en caso de ficaren prazas libres accederá a estas todo o profesorado que o solicitar dentro do prazo até cubrir as 50 prazas.

Fonte: Na lingua de tod@s

Campaña da Coordinadora Galega de ENDL

Publicado por ruagalego o 02 abr 2009 | Etiquetado como : Promoción da lingua

Na xuntanza mantida por un cento de coordinadores de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) dos centros de ensino públicos e privados no Instituto Galego de Información (Santiago de Compostela) o pasado sábado 28 de marzo, acordouse a constitución dunha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para establecer dinámicas de colaboración entre os diferentes equipos, unha cooperación que permita compartir experiencias normalizadoras que redunden positivamente no traballo da dinamización lingüística nos centros de ensino galegos.A primeira acción da Coordinadora Galega de ENDL é dar a coñecer o posicionamento público dos equipos sobre a derrogación do Decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, anunciada polo novo goberno da Xunta de Galicia.

Por iso, convídase a todos os Equipos de Normalización a adherirse a este texto que se pode consultar na páxina web da campaña.

Dende a Coordinadora convídase a todos os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística a sumarse a esta iniciativa, ao tempo que se prega a súa máxima difusión entre os/as compañeiros/as dos ENDL, comunidade docente, blogues e webs, etc. co fin de obter o maior número de adhesións.

A necesidade de educar en galego

Publicado por ruagalego o 02 abr 2009 | Etiquetado como : Promoción da lingua

O Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega publica o seu boletín de abril de 2009, onde ofrece a súa visión sobre a situación da lingua galega, tomando como base da súa análise os últimos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia. A súa proposta pasa por acrecentar o emprego do galego como lingua vehicular no ensino.

Ver tamén a noticia en Vieiros